28/4/09

disque 28/4/09 Galicia Hoxe

Estilo Ribadeo Disque O Noso Alberto asegura que as vindeiras oposicións poderán contestarse en castelán. Anunciouno en Madrid, que é onde entenden de respecto ao pluralismo e ás outras linguas do Estado, e ademais queda máis fino. Calquera poderá ser funcionario da Xunta e cobrar dos seus impostos e dos meus sen saber galego, que é o idioma propio de Galicia, nin ter mesmo a obriga de empregalo porque non imos ser tan maleducados de esixirllo e de violentar os seus dereitos. Cos impostos de todos pagaremos a escote a amabilidade para uns poucos. Eu prefiro o estilo Ribadeo, cada quen paga o seu. Quen queira amabilidade, que a pague do seu peto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario