O periódico de Santiago Rey, La Voz de Galicia, lanza estes días unha promoción pola que regala un audi cada día. Parece que non é certo que sexan os da Xunta Bipartita sacados a bo prezo logo dunha negociación tan bilingüe como cordial coa nova administración, tal e como rumorean por aí algúns inimigos do xornalismo obxectivo e imparcial.
Pola contra semella que sí confirma que ter un audi volve a ser un signo de prestixio social e de ser alguén ben informado e non un xesto intolerable nestes duros tempos de crise onde todos deberamos dar exemplo de austeridade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario