29/4/09

disque 29/4/09 Galicia Hoxe

É a economía, estúpido! Disque de cada dez españois, oito consideran o paro o principal problema. Disque sete sinalan a incerteza laboral e económica como o seu principal problema. O pesimismo está disparado entre os non votantes de Zapatero e repártese á metade entre os que o votaron hai un ano. É a economía, como lle dicían a Clinton. Sobre a confianza da xente nos políticos para saír mellor ou peor dela, o CIS non pregunta. Pareceulle máis útil preguntar polo uso do DNI electrónico. Que gran sitio para empezar o recorte do gasto público innecesario e que cruel loce o patriótico debate sobre o glamour e as saias de Letizia e da Bruni.

No hay comentarios:

Publicar un comentario