Un tipo hábil
Disque xa cumpriu Obama os cen días de presidente. Faino cun senador republicano que se pasa aos demócratas e lles dá a maioría, e co aprobado de sete de cada dez norteamericanos. A xente tiña posta nel as esperanzas xustas e tivo a habilidade de xestionalas con medidas promesas electorais. Non era un inxenuo, senón un grande estratega. Incluso os medios máis conservadores recoñecen que sabe o que se fai e que sabe medir os seus tempos. Está enterrando a era Bush sen que ninguén a chore, ten sosegado un país dividido, recuperado o prestixio da Casa Branca e cambiado o paso en Cuba ou en Afganistán. Se amaña o da crise, haberá que invitalo a algo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario