6/4/09

disque 6/4/09 Galicia Hoxe

Papá, non corras
Disque o xefe de Tráfico anda preocupado porque os condutores galegos pensamos que os accidentes son unha desgraza que só lles pasa ós demais. Disque nestes días de tanta "paixón viaxeira" vai aumentar os controis nas zonas asociadas a velocidade e consumo de excitantes. Fai ben porque hai moito energúmeno que só aprende a paus. Pero se ademais de reprimir, se apostara un pouco máis pola educación viaria e por aprenderlle á xente o que arriscan ao volante, moito mellor. Coma naqueles portarretratos que levaban os nosos pais no salpicadeiro coas nosas fotos para lembrarlles que esperabamos por eles. Vaian amodo amigos, que non hai présa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario