6/4/09

o misterio de hoxe, misterio galego nª 6

primeiro foi chamarlle himno "nacional" ó himno galego no peche da primeira sesión do novo Parlmento galego, agora declarar como prioridade para esta lexislatura a reforma do Estatuto... cal será o seguinte paso na fulgurante carreira de Pilar Rojo dende que asumiu á Presidencia do Parlamento? estamos diante dun caso de evolución ideóloxica acelerada pola nova responsabilidade institucional asumida ou un caso de desorientación temporal inducido polo vértigo institucional? a institución fai á Presidenta ou a Presidenta fai á institución? quén chegará máis lonxe na escalada "nacionalista", a debutante Pilar Rojo ou o BNG na súa recén estreada coalición con ERC?

2 comentarios:

  1. E non esqueza cando, nesa primeira sesión, falou do "presidente do Goberno da Nazón".

    ResponderEliminar
  2. Anónimo6.4.09

    Si pero se refería á Nazón española. Está moi ben que o PP use unha institución para eles historicamente tan relevante e decisoria coma o Parlamento galego para facer a súa política máis "ajrú". Pilar Rojo está poseída polo espíritu de Lola Villarino, unha revolucionaria ao frente do Parlamento galego, pero amáis de titulares e boas intencións nestes días de protagonismo mediático me temo que nada de nada. Cómpre lembrar que Pilar Rojo é da banda de Madrid do PP, así que o nacionalismo e mesmo Galiza non están entre os seus obxectivos vitais. Sentémonos a agardar e non tardará en amosarnos o noso futuro

    ResponderEliminar