Todos mal
Disque o bipartito en funcións lle abre expediente a un dos conselleirables de O Noso Alberto, Agustín Hernández, por contratarse el cunha empresa á que contratara antes como director xeral. Disque os populares andan moi alporizados, por consideralo unha vendetta de mal perdedor. Mal fai este Goberno meténdose nun xardín que puido deixar sementado e listo para recoller ao Executivo entrante, que quedaría enfrontado á difícil decisión de expedientar ou non a un máis que probable conselleiro. Peor fai aínda o PP indignándose, porque dá a entender que non tiña pensado facer nada e que valida sen máis un comportamento que merece máis dunha explicación.
Ao marxe das trifulcas interpartitos, aproveitar novamente unha oportunidade máis para pedir o agravamento de penas para os corruptos e prevaricadores, que seguen a aproveitarse de todos nós.
ResponderEliminarAta que repoñan o roubado ou o valor dos favores outorgados ou conqueridos, cadea.
O internamento dependerá un pouco da presa que se dén na devolución.
Xa vedes que o tema de si mal o PP ou os outros, non che é prioritario. O realmente básico e sinalar os persoaxes corruptos e pedirlle contas, solicitando unha modificación das leises enxuizadoras.
están ben as fotiños esas....
ResponderEliminarAs fotos están ben pero non me queda claro si son do KKK ou da UPG
ResponderEliminar