11/5/09

disque 11/5/09 Galicia Hoxe

Todo son vantaxes Disque que mentres o PP se xuntaba para canonizar a O Noso Alberto e telonear a O Noso Mariano, no BNG os delegados dábanlle unha maioría xustiña á UPG para que por unha vez dea a cara e deixe de dicirlle a todo quisque o que ten que facer. O nacionalismo galego acaba de dar o importante paso de deixar de equiparar consenso e confusión ou unidade e apelotonamento. O quintanismo deixou presentada a sua alternativa para o futuro. Beiras puido comprobar outra vez que o seu tempo pasou e Paco Rodríguez queda só ao mando das operacións. Para o bo e para o malo, todo canto pase de agora en diante será a súa responsabilidade. Quedou sen excusas, sen coartadas e sen sospeitosos habituais.

2 comentarios:

  1. Non concordo (será que moo do revés). A maioría da UPG é amplísima: 11 puntos porcentuais de diferencia (55% duns fronte ó 44% dos outros).

    Os de -BNG obtiveron uns resultados engordados ó aveiro da inercia social que dá o poder, inercia que se irá diluindo co tempo ate morrer.

    É responsabilidade tanto da UPG como de -BNG ter chegado a esta asemblea divididos e sair dela ainda máis divididos, polo tanto será súa a responsabilidade de todo o que aconteza no futuro da fronte... ou no que quede dela.

    ResponderEliminar
  2. Cambiar unha peza, un peón pra que nada cambie. Todo seguirá controlado pola mesma forza hexemónica de sempre:a UPG.Cambiaron de boneco.Antes tiñan o Quin e agora teñen a Willy.Conste que me gusta o perfil do Willy,parece máis listo e menos ventrilocuilizable que o Quin...

    ResponderEliminar