Na Asemblea do 10-M alguén no BNG atopará un minuto para analizar con datos os resultados das eleccións e buscar unha explicación coherente para as diferenzas entre o 2009 e o 2005.
De primeiras, houbo 50.752 votos máis a formacións minoritarias e 14.730 votos en branco ou nulo máis.
De segundas a evolución do voto nacionalista non é uniforme. O BNG perdeu 41.242, destes foron 31.352 na provincia de A Coruña, so na Coruña cidade se perderon 9.927, en Ferrol +/-2.700 e en Santiago +/-2.200. Noutras vilas próximas a A Coruña (Arteixo, Oleiros, Cambre, Carballo,...) perderonse +/- 1.000 votos en cada unha. En Lugo o BNG perdeu 935 votos, as perdas concentranse en dous puntos: Lugo cidade 406 e Monforte 426. En Ourense o BNG perde 1.015 votos, nesta provincia o BNg sube practicamente en todas as comarcas salvo en Ourense cidade onde perde 3.843 votos. En Pontevedra o BNG perde 7.940 votos: 2.953 en Vigo e 1.005 en Pontevedra. Presenta tamén perdas superiores aos 500 votos en Cangas, A Estrada, Marín, Moaña, San Xenxo e Vilagarcía.
Esto por qué foi, porque son mais nacionalistas e mais de esquerdas ou porque lles decepcionou máis o cambio, por exemplo, ós votantes da Coruña?
No hay comentarios:
Publicar un comentario