Unidade, compañeiros!
Disque os sindicatos celebran divididos o primeiro de maio. Mal momento para tanta de-sunión. A crise estana pagando os máis débiles, mentres os que a causaron ingresan indemnizacións millonarias nas súas contas correntes. Volve con forza a matraca da flexibilización do mercado de traballo, mentres o paro marca rexistros históricos. A conselleira de Traballo anuncia que vai axilizar os ERE, a maior gloria dos empresarios. Pintan bastos e os sindicatos deberían pensar primeiro nos traballadores e despois nas súas estratexias. Seguro que hai razóns de peso para ir cada un polo seu lado, pero a verdade é que non se me ocorre ningunha.
No hay comentarios:
Publicar un comentario