4/5/09

a nosa terra, Nº 1357 - 30 de abril de 2009

COLONIA OU CHAMPU? Canto máis comparece Aymerich para asegurar que non vai haber pactos previos pero sí lealdade para quen gañe a asemblea, máis se convence un de que efectivamente non debe habelos si se quere que o conclave sirva para pór as bases do futuro nacionalismo galego como forza política con aspiracións maioritarias. Que se presenten os tres e cada quen explique claramente cal e o seu proxecto e despois que mande quen sume máis votos.
Canto máis denuncian os Irmandiños os afáns pactistas dos demais e canto máis elevan a súa violencia dialéctica contra os seus competidores, máis corpo cobra a triste sospeita de que o gran obxectivo de Beiras semella ser igualar a capacidade de supervivencia de Fraga e que todo vale con tal de logralo.
Canto máis se alían os Irmandiños e a UPG para humillar e censurar indignamente a Quintana, máis claro se demostra a acreditada habilidade coa que a U sempre se amaña para que outros lle fagan o traballo sucio e saír indemne. E máis evidente resulta que a Asemblea será un fracaso se volve convencer a alguén para que lle faga de escudo político.
Guillerme Vázquez e a UPG foron os máis votados nas comarcas. A eles debe corresponde rexer os destinos do BNG se o volven ser o 10-M. É hora de que deixen de dicirlle aos demais o que teñen que facer e asuman a responsabilidade do mando con todas as consecuencias, sen intermediarios e empezando polo resultado das eleccións europeas. Non vaia ser que acabemos facendo coma aquela manifestación que subía polo Franco compostelán morto o Franco ferrolán clamando que se definirá a U, se Galiza era colonia ou champu? Que vai ser desta volta?

1 comentario:

  1. Anónimo4.5.09

    Iso, iso, que a UPG actúe a cara descuberta nunha santa vez, que deixe de tirar a pedra e esconder a man. Esa sería unha postura valente pero, unha vez máis, nos quedaremos coas gañas. Esta organización é experta na camuflaxe, xa nas súas orixen escondeu o marxismo-leninismo vaixo as alas do frentismo que é a propia UPG, despois ampliou o paraugas coa coalición electoral BN-PG, inventando AN-PG e asignando pacto electorais co PSG. Máis recentemente, aló polo ano 1982 refunda o BNG e utiliza a Beiras de polo de atración. Agora é máis que previisible que continúe coa secuencia seguinte secuencia que é, nin máis nin menos, que continuar escondendo o seu programa que a estas alturas da película é infumable. ¿Que resultados electorais tería se se presentara de frente? ¿A onde van agazapados? Canto ben farían ao nacionalismo galego disolvendose e deixando que xurda unha organización verdadeiramente actualizada.

    ResponderEliminar