Disque milleiros de galegos exerceron o seu dereito cívico a esixir que se trate o Galego como a lingua propia de Galicia. Disque, mentres, O Noso Alberto avisábanos de que desconfiemos de tanta preocupación pola lingua porque o que queren é apropiarse dela. Primeiro ía salvarnos da imposición e agora da apropiación. Xa vai ben de contos de medo. Como candidato creou este problema dividindo a xente en cordiais e impositores porque lle compensaba electoralmente. Como presidente correspóndelle amañalo porque é a súa responsabilidade. Deixemos a un lado as leccións de educación e empécese a gobernar. Déixese de dicirnos o que temos que facer e díganos clariño que vai facer. Agora que, señor Presidente?
pois eu crei que vin a Rueda na mani.... ou era Anxo, o secretario de Feijóo?
ResponderEliminarSinceiramente, creo que vostede non é fiel á verdade dicindo que Feijóo "creou este problema". Cada un é responsable de si mesmo, do que pensa, e de como actúa. Vostede sabe tan ben coma nin que a problemática á que alude no artigo non foi creada por ningunha conspiración xudeo-masónica pola parte del, senón por xente coma ti (perdoa o atrevemento) e coma min que pensan distinta, e na minha opinión, erroneamente.
ResponderEliminar