Disque agora van facer enquisas entre os pais para ver como amañan o conflito lingüístico que armaron. En vez de Goberno, temos una consultora demoscópica. Home, presidente, non nos colgue a nós a desfeita a ver se lla amañamos. Resolver problemas é o traballo polo que lle pagamos. Con toda a cordialidade lle digo que non se trata de consenso, senón de dereitos, e moitos queremos exercer o noso: educación en galego para os nosos fillos na metade das materias. E non espere que renunciemos a satisfacelo porque hai xente que non quere aprender galego. Eles saberán, pero non a costa dos nosos dereitos e dos dos nosos fillos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario