21/5/09

disque 21/5/09, Galicia Hoxe

Disque ao PP lle parece abxecto e indigno que a ministra de Defensa diga que os responsables do Yak están sentados entre as súas filas. E logo, é mentira? Trillo era ministro, pero non se decatou de nada. Aznar era presidente, pero andaba nas patacas. Ou menten ou son incompetentes. A dereita afíxose a esixirlles explicacións a todos, pero cando se lle piden adoita responder con insultos. Os militares fixeron o que lles mandaron porque é o seu traballo e o que fan. O que resulta indigno e ben covarde é deixalos sós coma cans. Pero seguro que non lles custou traballo porque é a mesma soidade miserable na que xa deixaron as familias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario