20/5/09

disque 20/5/09 Galicia Hoxe

Disque o buraco dos 600 millóns xa é un abismo de 1.200. E se lle deixan á conselleira, en nada será una galaxia negra. Porque os buracos contables son cousa de botarlle imaxinación e cambiar as previsións do anterior polas que a quen manda agora mellor escusa lle dean para incumprir o prometido. Tan alarmante descubrimento coincide co anuncio a todo pasto de que aquí imos sobrados e pasamos de Zapatero. Imos ter o noso propio plan de axuda ao automóbil. Non querías coche novo? Pois toma, e unha furgoneta de regalo, di O Noso Alberto. E o cidadán medio, que non é parvo, pregúntase: estamos de coña ou só nos toman o pelo?

1 comentario:

  1. Galaxia negra? Non será unha mensaxe subliminal co aquel do día das Letras por escusa?

    ResponderEliminar