Adiante ou atrás
Disque o BNG ten unha cita coa historia. As dúas almas do nacionalismo galego volven verse as caras logo de tempo cohabitando. Os delegados teñen diante de si a eterna escolla que non damos resolto: ou tirar para adiante ou facelo para atrás. Ou refuxiarse nunha concepción ultraconservadora onde todo tempo pasado e toda Galicia pasada foron mellores –e todos os problemas se amañan co slogan: como ser máis nacionalista e máis de esquerdas– ou aventurarse sen medo nunha concepción máis complexa, incerta e insegura, onde o nacionalismo se constrúe co país e con vocación de aprender del, e non de facerlle aprender lección ningunha.
Antón, ¿que cres que vai pasar? votantes BNG desencantados, dirixentes BNG teorizando nunha Galiza paralela á da folga do metal e os problemas da leite, a dereita no poder...
ResponderEliminarPenso que veñen tempos de estaren APAGADOS.
¿quén vai liderar a lista das europeas? ¿Hai alguén con capacidade de ilusionar ós votantes? EU PENSO QUE NON.
Acho que cortar o texto das entradas para os que seguimos o blogue por RSS non é unha boa idea.
ResponderEliminarPode ser un motivo para deixar de seguilo polo agregador (persoalmente dos 100 ou 150 blogues aos que eu estou suscrito só 2 ou 3 cortan o texto).
Ademais da incomodidade de ter que entrar aquí para ler o texto completo (que é o meu caso) a xente que le en dispositimos móbiles ás veces descarga os RSS todos para poder lelos off-line e iso non é posible deste xeito.
Naturalmente, isto só é unha opinión e cada un na súa casa...