Disque xa están mandando os cuestionarios clandestinos aos pais. Polo que se ve, as preguntas e as respostas están feitas de tal xeito que se pode extraer a conclusión que se queira, o sistema de identificación e de recollida das respostas non está garantido e a documentación vai nuns folios sen rotulación oficial. Se recibo un, ireime a un xulgado a poñer en coñecemento da súa señoría que alguén, por razóns descoñecidas, se dirixiu a min suplantando a personalidade da Xunta, manexando datos meus secretos e confidenciais, facéndome preguntas e pedíndome datos de uso e finalidade incertos..., por se fora materia de delito.
Pois non é mala idea. Total antidemocratas xa somos segun eles.
ResponderEliminare moi boa idea.pero haberia que ter un modelo de denuncia nalgun sitio.
ResponderEliminar