Disque O Noso Alberto instou o BNG para denunciar o acoso e defender a liberdade en materia lingüística. Até onde consta, iso está facendo o BNG: denunciar o acoso ao que está sometendo o PP ao galego, e defender a liberdade dos que temos dereito a esixir Administración ou educación en galego. Faino xunto con moita xente, nacionalista e non, que empezamos a estar aburridos de que o presidente se dedique a darnos a diario leccións de liberdade, ou a chamar totalitario ou batasuno a quen comete o terrible delito de non pensar coma el. Debería ler máis a Campoamor: liberdade non é facer o que se quere, senón o que se debe.
Estimado señor Losada:
ResponderEliminarSíntome na obriga de intervir e de discrepar nesta casa súa que visito con asiduidade, xa que non participo en absoluto da lectura que fai vostede do novo descalabro electoral do Bloque. Esa pescuda interminábel por un presunto centro-esquerda moderadérrimo e galeguista foi a estratexia que Quintana desplegou desque entrou, e que foi colleitando en tódalas eleccións súas desastre tras desastre. Se algunha correlación é doada de trazar é o abismo entre o teito electoral do BNG de Beiras, difícilmente alcumábel de 'moderado', e as derrotas reiteradas de Quin nesa pescuda dun moderantismo ideal que só leva a que o Bloque perda os seus apoios tradicionais e non conquiste eses outros que pescuda.
Persoalmente, imaxino que o BNG é un partido xenéticamente incapacitado para ocupar un centro galeguista. Se tal espazo existe, hase ter que constituír fora do BNG, ou a partir dunha profundísima refundación deste.
Un saúdo
FV.