12/6/09

disque 12/6/09 Galicia Hoxe

Prohibido pensar Galicia Hoxe
Disque a Torres Queiruga e á súa obra estáselles a botar enriba a longa sombra da curia máis reaccionaria. Disque a súa respectable obra teolóxica vai ser censurada pola policía teolóxica da Igrexa, co bispo de Lugo e sobriño de Rouco á cabeza. Soa tan rancio todo que dá até vergonza falar disto, e que poidan pasar estas cousas aínda hoxe. Aos que lles resulta incómodo pensar, sempre acaban tratando de prohibirlles aos demais que practiquen o pensamento. É unha lei universal. Rouco persevera na que é a súa grande achega para os católicos: só hai que oír o que di e ver o que fai para ter claro o que nunca debe facer un bo católico

No hay comentarios:

Publicar un comentario