15/6/09

disque 15/6/09 Galicia Hoxe

Disque o conselleiro Rueda lle propón un trato á oposición: eles deixan de armala no Parlamento e o Goberno deixa de mirar debaixo das alfombras. Como Vito Corleone: fareilles unha oferta que non poderán rexeitar. Outra exemplar contribución da dereita á xa angustiosa calidade da nosa democracia. A enlamada campaña electoral do PP trouxo esta política de bile e patada a romper as pernas do contrario. Non sei de que se queixan, porque isto é o que facían eles cando non gobernaban. A oposición, agora, págalles coa mesma moeda, e equivócase. Pero máis se trabuca un Goberno que goberna para os seus e acusa a todos os demais.

1 comentario:

  1. Anónimo16.6.09

    Denunciando unha fraude de lei coma a que fixo el güai alfonsiño é según ti equivocarse?. Así nos foi. O que non se pode facer é decir agora, cando o pp acusa de contratos de favor a unha empresa vinculada co bng, que se investiguen tamén os contratos da era fraga, sobre todo cando non se fixo cando se gobernou. Tapouse todo, mirouse para adiante diciase. E claro, a xente que non é parva dixo, moito denunciar e resulta que chegan e non hai nin unha soa sanción por irregularidades anteriores. A lei é para cumprir sempre. É unha obriga dos que ostentan cargos públicos facela cumplir. Uns por acción e outros por omisión. Xa che dixen unha vez que os estrategas levan moito tempo lucíndose. Así nos foi.

    ResponderEliminar