1/6/09

disque 1/6/09, Galicia Hoxe

Galicia Hoxe
Disque a unha semana de ir votar os populares van por diante, pero polos pelos. Para ser un presidente acabado e devorado pola crise, hai que recoñecerlle a Zapatero que saíu ben duro de roer. En Madrid andan moi preocupados polo sucio e rudo dunha campaña onde ou falan do Falcon ou falan un dos outros coma se foran Falconetis. Fáltalles mundo alí en provincias. Se tiveran prestado atención ás nosas eleccións, non lles sorprendería tanto. A dereita española limítase a importar a exitosa estratexia de enlodar e atacar directamente a integridade persoal do adversario. A diferenza é que Zapatero devolve os golpes cando llos dan, non cando xa non lle doen a ninguén.

2 comentarios:

  1. aznar jr.1.6.09

    e o mystere de Guerra, qué? qué foi dil?

    ResponderEliminar
  2. Pero Galicia debía volver ó seu estado natural...

    Os que dirixen as campañas do PP saben o que fan. Saben cal é o momento e a fibra sensible...Si enchemos todo de merda, todos son iguais, pero os nosos mobilizanse igual.

    Se o Presidente viaxa en Falcon é un derrochador coma Touriño, se leva un cinto de 200 euros, un despilfarrador...Que importa que o candidato xulgue como algo peor o aborto que os abusos sexuais continuados a menores durante 30 anos??

    A estratexia é doada, pero a moral (da que tanto se dignan) polo chan...

    Os Premios Maquiavelo 2009 deberan ser para O Noso. En campaña dise unha cousa para chegar ó poder, no poder outra con tal de manterse.

    Saudos.

    ResponderEliminar