23/6/09

disque 23/6/09, Galicia Hoxe

Disque o presidente do BCE, o tal Trichet, recoméndanos moderación salarial e outra reforma laboral. Quedoulle a cabeza quente. Suponse que solta tales admonicións dende a enorme autoridade que outorga a súa excelente xestión da crise e a ultravisión que lle permitiu avisar que viña cando xa quedara. Resulta asombroso como, logo de facer o ridículo previsión tras previsión, de ter tomado tantas decisións que non fixeron máis que agravar a recesión e protexer os seus responsables, seguen falando do que debemos facer os demais como se estiveran por riba do ben e do mal, e tiveran superpoderes. Manca finezza e sobra prepotencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario