22/6/09

disque 22/6/09, Galicia Hoxe

Disque a vigorosa revolución verde pide paso na podrecida revolución islámica. Disque a comunidade internacional extrema a prudencia e cala para non desavirse con ningún bando, non vaia ser que sexa o que gañe ao final. O conto de sempre. Primeiro pedímoslles que se rebelen diante da tiranía dos aiatolás e, cando se animan, facemos coma se non os coñeceramos de nada. Esa política de desentenderse e esperar a que se amañe só e gratis, responde pola meirande parte dos erros e desgrazas da estratexia de Occidente no Islam. Tamén axudou a converter en heroes e líderes indiscutíbeis a fanáticos da peor especie. Vese que aínda non aprendemos.

1 comentario:

  1. jomeini22.6.09

    ayatola no me toques la pirola... Qué visión a dos ST

    ResponderEliminar