24/6/09

disque 24/6/09 Galicia Hoxe

Disque Pescanova e O Noso Alberto proxectan o feliz regreso á piscifactoría de Touriñán. Será instrutivo ver como pasan por riba dos criterios ambientais, da Rede Natura e de canto se lles poña por diante en nome dos hipotéticos postos de traballo, non do beneficio particular dunha das empresas máis subvencionadas de Europa e do rédito político do partido no poder. Ten algo de colonial e de ir marcha atrás un país onde o Goberno admite sen problemas facer de representante dos intereses dunha grande empresa e a empresa amaga con marchar co investimento a outra parte se non lle aceptamos polbo como animal de compañía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario