26/6/09

disque 25/6/09, Galicia Hoxe

Disque os custes do porto exterior da Coruña se duplican. Dos da Cidade da Cultura, que lles vou dicir que non saiban e paguen vostedes. Resulta asombroso o mal que se calculan os custes de tantas grandes obras públicas unha e outra vez, e a deficiente calidade da información coa que se decide sobre elas. Ou fan as contas a vulto ou non din a verdade cando empezan para que coe mellor ou non é fácil de entender que algo acabe custando o dobre. Pero menos se entende aínda a alegría coa que uns e outros tiran do erario público para cubrir as desviacións, sen que ninguén sexa responsable e parezan cousas que pasan, inevitables porque o público é así, os cartos son de todos e están para gastalos.

1 comentario:

  1. lostrego28.6.09

    Ben, ben... como boto de menos á cope, intertonteria, el mundo, la coz de malicia e demais brunetes mediaticas que estaban cansos de berrar contra o bipartito por cuestións semellantes.
    Ai o cuarto poder como turra!

    ResponderEliminar