26/6/09

disque 26/6/09, Galicia Hoxe

Disque o AVE está blindado para o 2015. O tren máis apalabrado e vendido de Europa segue arrastrándose de blindaxe en blindaxe até o atraso final. O conto e as grandes palabras son as de sempre, pero os protagonistas son diferentes. Deámoslles unha oportunidade. Xogan toda a súa credibilidade nun asunto onde os galegos hai tempo que non cremos nada. Certo que O Noso Alberto participou con entusiasmo no engano masivo do Plan Galicia. Certo que O Noso Pepe calou até que foi ministro e decidiu que había que dicir a verdade. Pero a xente aprende e cambia para mellor, e os políticos tamén. Máis lles vale. Ou non?

No hay comentarios:

Publicar un comentario