Galicia Hoxe
Disque por primeira vez en catorce meses creamos máis emprego do que destruíu a crise. Se facemos caso da sisuda análise que O Noso Mariano fai da crise, dado que o paro era culpa de Zapatero, tamén serán culpa del os postos de traballo creados. Se seguimos a floricultura económica practicada polo Goberno, estamos diante dun talo verde. Nin unha cousa nin outra. Imos a rastro dos ciclos da crise global dun modelo do que unha minoría quitou grandes beneficios, que agora pagamos a maioría. O dilema económico de fon- do que temos que afrontar segue intacto: nós, que lle vendemos ao mundo? Onde crea o valor engadido a nosa economía?
En ningures. Aquí todo o mundo esta a esperar a escampe e San Ladrillo volva a render. Ahi esta a nova Xunta cargandose as normas do Habitat e valorando como dar barra libre sen que se nota nas costas. Ou o Tribunal Supremo sentando xurisprudencia sobre que dous retrasos no pago do aluguer (literalmente retrasos, pagouse no mes correspondente porén fora da data establecida no contrato) impliquen desafiuzamento.
ResponderEliminarAfortunadamente Super Mariano baixo a direción espiritual do Padre Oreja e a firme supervisión de San Aznar e o apoio de Propaganda FAES sacaranos do apuro.