Galicia Hoxe
Disque botando a media, O Noso Alberto atopa un buraco do bipartito cada corenta e oito horas. A Xunta é un gruyère do furada que está. Segue o famoso modelo do buraco: primeiro gáñanse as eleccións dicindo que si a todo o mundo e despois botas as contas para que saian tantos buracos como problemas, de xeito que poidas dicirlles a todos que non é cousa túa e máis quixeras ti que amañalo. Están refinando tanto a técnica que xa fan os buracos antes que os problemas, e, así, xa nos fixeron saber que se este verán hai lume, será polo buraco. E digo eu, se dedicaran tanto tempo a tapalos como gastan en denuncialos, non iriamos mellor?
No hay comentarios:
Publicar un comentario