21/7/09

disque 21/7/09, Galicia Hoxe

Disque O Noso Mariano vai propor a reforma da Lei do Menor para que se poida imputar os menores de 14 anos. Non deixa de ser curioso que propoña agora a reforma da lei que aprobaron cando gobernaban no 2000, declarándoos inimputábeis. Xa se reformou no 2005 para endurecela, en pleno debate por outra serie de crimes horribles. Calquera penalista lles confirmará a imprudencia de reformar o Dereito Penal sobre casos singulares e no medio da indignación social. Meter ese debate na axenda, acusando o Goberno de non protexer as vítimas, é oportunismo ruín. Odia o delito, compadece o delincuente, como sentenciaba Giner de los Ríos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario