20/7/09

disque 20/7/09, Galicia Hoxe

Disque Máis BNG segue o seu camiño para organizar a alternativa á hexemonía da UPG. O nacionalismo precísao como o aire para respirar. No camiño a ningunha parte emprendido polas hostes de Paco Rodríguez, ou alguén se ocupa de facer ver que hai outro xeito de entender o país, o nacionalismo e a súa acción política, ou os votantes seguirán dándose de baixa por indiferenza ou por desesperanza. É bo saber que unha parte importante da militancia do Bloque quere ir por un camiño diferente ao do control polo control, que tanto lle presta á actual dirección. Agora é tempo de que nos vaian dicindo cales son as novas ideas e as novas políticas que dan corpo ao nacionalismo galego do século XXI.

2 comentarios:

  1. Hola Antón, moitas grazas polo teu blog.

    Eu penso que o futuro do nacionalismo e do galego está en cada un de nós, non na U nin no BNG nin nos outros nin dos de máis alá. Hai moito máis nacionalismo neste pais do que é capaz de captar unha estrela vermella.

    Esperemos que muden as cousas. Ata entón, eu decidin poñer o meu graniño de area: http://nosquedaportugal.blogspot.com/
    un blog para coñecer sobre nos mesmos e sobre Portugal e Brasil (economía, cultura, lingua, etc) porque coido que o noso futuro como pais e da nosa lingua pasa por que nos deamos conta das potencialidades que nos ofrece o portugués.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. antón losada22.7.09

    grazas a ti por visitalo. tes moita raazón n que dis, é cousa nosa.

    ResponderEliminar