22/7/09

disque 22/7/09, Galicia Hoxe

Disque O Noso Pachi deu dúas veces metendo na axenda o novo Estatuto. Non andou tan pillo mesturando os lindes constitucionais e o debate identitario. A non ser que estea entre os que pensan que o Estatut é anticonstitucional ou vaia pasar por menos que chamarnos nación no preámbulo. Aclárate, compañeiro! O Noso Alberto di que só xoga se lle aceptan polbo como animal de compañía e que o balón é seu. O Noso Guillerme descobre unha conspiración antinacionalista onde eles queren deixarnos fóra a nós. Cada tolo coa súa matraca. Tanta curtidade de miras aburre e desespera. E non aprenden a darse un pouco de xeito, que é o peor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario