23/7/09

disque 23/7/09, Galicia Hoxe

Disque foi Bárcenas declarar ao Supremo. Saíu dicindo que deixara todo aclarado e tan limpo coma unha patena. Mesmo algún medio próximo á dereita que vén deuno por probado inocente. O mesmo que Camps, saíu dicindo que estaba moi contento de comparecer diante do xuíz. Tanto lles entusiasma que acabaremos convencidos de que nada fai máis feliz a un cargo popular que una citación xudicial. A diferenza de Camps, entrou só. Os seus compañeiros de partido non foron facerlle o corredor do campión cando entraba na sé xudicial. Nin a rochosa Rita Barberá se animou desta volta. Hai soidades que falan coma se foran multitudes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario