29/7/09

disque 28/7/09, Galicia Hoxe

Disque o conselleiro Vázquez anuncia que os datos da enquisa van estar esta semana ou a que vén. Tanta precisión e tanto rigor meten medo. Non digamos o que poda resultar dun proceso tan exemplar. Nin a NASA de antes se manexaba con esta eficiencia arrepiante. E hai que ter en conta a extrema complexidade da tarefa: contar sobres, abrilos sen rachalos, pór os que din unha cousa a un lado e noutro os que din outra e logo esperar a que maduren e digan o que convén. Xa postos entre tanta competencia, por nós que non se abafe co de dar resultados. Se están, ben, e se non están xa, que os deixe para Nadal ou para entroido. Todos temos cousas importantes que facer e andamos escasos de tempo para perdelo en caralladas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario