Disque O Noso Guillerme xurou na Quintana que ían derrotar O Noso Alberto igual que derrotaron a Fraga. E cando foi que lle ganaron ao Patrón? Porque o que é eu non me lembro de ningunha. Debeu ser ao dominó, porque en votos non consta. Disque O Noso Pachi se sente líder indiscutible do partido de Blanco. Disque O Noso Alberto se declarou admirado pola impecable dignidade de Touriño cando era presidente. Iso que foi, unha desculpa pola guerra de destrución persoal á que o someteu durante a campaña electoral? Incluso os políticos deberían ter máis coidado cos contos que inventan en público se queren que alguén llelos crea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario