Disque os empresarios queren retomar o diálogo social á volta do verán. Primeiro suspenden en xullo con moi deficiente en coñecemento e moi mal en actitude e agora queren presentarse en setembro. Primeiro tiran a pedra do despedimento barato e agora esconden a man dicindo iso que sempre alega quen racha unha negociación: que serán os derradeiros en erguerse da mesa. Díaz Ferrán, presidente dos empresarios e do club de fans da "cojonuda" Esperanza Aguirre, anda axitando as pantasmas do déficit e do gasto público, que é como lle chaman cando os cartos de todos van para axudar os parados. Cando van para eles ou para rebaixar as súas cotizacións sociais, chámanlles axudas e investimentos. Tanto ten o devastadora que sexa a crise, hai xente que non aprende.
No hay comentarios:
Publicar un comentario