31/7/09

disque 31/7/09, Galicia Hoxe

Disque O Noso Alberto presentou un plan antichoque. A ver presidente, que nos aclaremos. Este é o de hai uns días ou é outro a maiores? Porque se é o de sempre, xa estamos presentados, e se é outro novo, xa van máis de 2.200 millóns en plans de choque, que sumados ao burato famoso de 1.600, xa se nos poñen en 3.800 millóns. Se as contas non están mal feitas, aínda che é carto dabondo para tan pouco tempo de goberno. Porque seguro que vostede non é dos que pensa que os galegos somos como Dory, a compañeira do peixiño Nemo que perdía a memoria aos catro segundos e que hai que contarnos o mesmo mil veces para que nos quede.

3 comentarios:

  1. Olá Antón. Teste que mollar un día e opinar sobre o futuro do nacionalismo galego. Debe escindirse Máis BNG? Vaise españolizar novamente o PSdG, agora que lles quedou claro que "la culpa fue del bloque (y del chachachá)". Oiches falar destes de Converxencia XXI, que queren montar un partido nacionalista de dereitas (outro máis) e favorables a unificación ortográfica de galego e portugués? Qué futuro lles ves?

    Moitas grazss, unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo31.7.09

    Sigue nadando, sigue nadando......

    ResponderEliminar
  3. Anónimo4.8.09

    Na listaxe de discos depresivos falta un básico: "Calle Ilusión" o último para suicidas de Álex Ubago

    ResponderEliminar