![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjZdTf5qgLCH1TYVgUqaVYkPfTEB7DohfJ2m2vw9L4E0yYqvqU2FEL9P2rCFzeRZcRmqML2o7RG06gCD-Tn6UoqiIz3EsBGScPspjv4-0xU0LIfZEJk6RSt4ufVKogjR1MtZIZYm9skPkw/s200/gh.jpg)
Disque o Supremo eleva o suplicatorio para investigar a Bárcenas e Merino. Ou sexa, que a dimisión que era tan boa para el e para o partido e que ten os seus colegas de partido máis felices aínda que cando acudiu declarar, foi cinco minutos xustos antes de que non lle quedara outra; e así non ten moito mérito. Disque segundo as explicacións populares, dimite xentilmente agora polas mesmas razóns que antes non o facía nin suplicándollo: porque é inocente, porque todo é unha conspiración e porque ten toda a confianza de O Noso Mariano; e tal argumento xa nin ten mérito, nin se entende. Disque unha cousa é o tesoureiro e outra moi distinta as finanzas do partido, e iso si que ten mérito, aínda que custe entendelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario