6/7/09

disque 6/7/09, Galicia Hoxe

Disque O Noso Alberto vai convocar os líderes da oposición para ver de manter a unidade no financiamento. Se é para iso, fai ben e xa llo dixemos os que lle queremos ben. Aparcar o partidismo e facer causa de país é a nosa única xogada nunha partida na que imos sen triunfos. Se é para iso, e non para ir preparando a adxudicación de culpas polo fracaso, enténdese mal que socialistas e nacionalistas se queixen de que a Xunta non concreta e non lles bota as contas claras. Se é para iso, e non para enleala máis, enténdese mal que se dea trato distinto a uns e a outros, anunciando as reunións logo de convocar só a un e maltratando un pouco a O Noso Guillerme. Pero seguro que é para iso... E se non, xa se verá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario