8/7/09

disque 8/7/09, Galicia Hoxe

Disque O Noso Mariano non sabe non contesta no Gürtel. Un silencio que contrasta co sorriso en tecnicolor dun exultante Camps, quen pouco menos considera o auto do xuíz un triunfo persoal, outro paso na procura solitaria da verdade negándose a explicar e negando o dereito a informar do asunto na televisión valenciana. É moi libre de calar se lle convén. Pero dá que pensar que non achantara igual cando viña por aquí máis locuaz, pero con moito menos motivo, a chamarlle secuestravellos a Quintana ou sultán a Touriño. Vese que para merecer a presunción de inocencia ou ser incluído entre "os máis honorables" hai que ser do PP.

1 comentario: