9/7/09

disque 9/7/09, Galicia Hoxe

Disque O Noso Alberto e O Noso Pachi coinciden en que nola van meter dobrada. O Noso Guillerme aínda o ve peor. Ademais de chorar, na súa man está evitalo. A cuestión é se o que lles importa vai ser formar un G-3 de país, formulando unha petición concreta e cuantificada. Ou se vai ser que a O Noso Alberto o que lle preocupa é disimular que aos que mandan no seu partido válelles así e el non conta. Ou se vai ser que a O Noso Pachi o que lle importa é non deixar mal a Zapatero, e que non digan que pinta pouco en Madrid. Ou se vai ser que a O Noso Guillerme o que lle presta é seguir pedindo a lúa para poder queixarse logo de que non lla deron.

No hay comentarios:

Publicar un comentario