Ano novo, propósito novo. Dende hoxe cada día procurarei escribir neste blog unha bitácora persoal, que virá sendo unha anotación, ocorrencia, manía ou o que dea tempo e que teña que ver co día que foi, o que vén, o que puido ser ou o que pode vir. Velai vai a primeira.
DIARIO DO CAPITAN. DATA ESTELAR 2010. 1. 4
Conforme se achega o final destas festas entrañables, vou aquilatando a formulación do que podería chamar as "leis universais do nadal". A primeira establece que "todo corpo sumerxido en cava experimenta un empurre vertical pero cara abaixo igual ó peso do turrón inxerido".
A segunda confirma como "a capacidade de inxesta de turrón e mazapán do ser humano é perfectamente elástica", canto máis, máis quere o moi inconsciente.
Pois benvindo ao mundo das bitácoras persoais. Saúdos
ResponderEliminarIso é así cando o turrón non queda aboiado na graxa do capón de Vilalba.
ResponderEliminarSaúde, que falta fai