Levei a Mariña a ver Avatar. Supoño que debera falar mal ou regular do visto porque a esta pelicula e ao seu director James Camerón, pásalles un pouco como a Belén Esteban: multiplica os intelectuais dispostos a falar mal dela sin mirala sequera.
Eu declárome fan de Avatar dende o primeiro momento, para que non quede dúbida Pola claridade e eficacia da súa mensaxe contra esa visión do mundo como unha propiedade dos mellor armados. Pola beleza perturbadora de moitas das súas imaxes e a eficiencia demoledora de secuencias como a persecución ou o ataque a arbore nai. Pola brillantez narrativa coa que se desenvolve unha historia que dura case que tres horas que nin se notan. Pola presencia contundente e vigorosa de Michelle Rodríguez Porque é un espectáculo dos que xa non se fan nin abundan. Porque paga a pena.
O día de aninovo foramos ver outra xoia de cine mais pequeno no envoltorio, mais de artesanía na factura e mais personal na súa narrativa: Onde Viven Os Monstruos. Unha película preciosa que te leva con sosiego e intelixencia a ese tempo perturbador e solitario que as veces se volve a infancia de calquera neno. Foi un bo nadal para o cine este do 2009.
Cameron ten poucos 'amigos' pola empanada mental que ten ("I'm the king of the world!!"), pero ten unha traxectoria no cinema que poucos poden presumir. Avatar é un peliculón, e ainda por riba segue a demostrar que a mago das finanzas non hai quen lle gañe: a película máis cara da historia (case 300 millóns de... dolares?) i en 15 días leva recadados en todo o mundo 700.
ResponderEliminarO dos Monstruos apúntoa na axenda, logo.
Estou dacordo Antón. A min visualmente sorprendeume moitísimo, e a peli entretén, atrápate, cumple o seu cometido. Lóxicamente, non innova noutros aspectos, pero é que ninguén llo pide e nin el mesmo se propón tal!!!
ResponderEliminarPara min unha desas peliculas que marcan un antes e un despois, como puido selo Star Wars no seu momento...É a humilde opinión de quen non é un experto en cine.