15/12/10

Caderno de bitácora. Data estelar 2010. 12. 15

Veño de ler o tostonazo que despacha Paco Rodríguez sobre o debate que ten suscitado o informe lingüístico do IGEA. Fíxeno porque mo pediu un amigo. Con todos os respectos, fai tempo que Rodríguez me aburre soberanamente e non me interesa nada do que di.
Non vou entrar no fondo do debate, porque tamén fai moito que decidín non equivocarme de inimigo e non perder mais tempo en discusións ao estilo dos bispos de O Nome da Rosa.

En troques, sí quero dicir unha cousa moi breve sobre o trato repunante que dispensa a persoas tan respectables como Monteagudo ou o meu amigo Antón Reixa. So quero dicir que estou farto de aturar tanto ese tipo de discurso como a quen o subscribe. Aburren ás ovellas e sáelles o noxo polas orellas. A ver se imos madurando e afacéndonos a debater sobre as ideas e deixámonos de andar á caza e catura das persoas. A ver se empezamos a saber rebater argumentos con argumentos mellores e non con descualificacións e medias mentiras contra das persoas.


Que xa imos vellos todos para isto. Ou?

8 comentarios:

  1. Anónimo15.12.10

    A ver se empezamos a saber rebater argumemtos con argumentos mellores e non con descalificacións

    ResponderEliminar
  2. Anónimo15.12.10

    Que pouca argumentación, caro Losada (por certo, xa vai sendo hora de galeguizar o apelido, ouh)

    ResponderEliminar
  3. Anónimo15.12.10

    "...fai tempo que Rodríguez abúrreme (sic) soberanamente..."

    "...o trato repunante que dispensa a persoas tan respectables como Monteagudo ou O MEU AMIGO Antón Reixa..."

    "... e deixámonos de andar á caza e catura (sic) das persoas..."

    ResponderEliminar
  4. Anónimo16.12.10

    En todo caso quen falta ao respecto é quen fai un informe dese tipo.

    ResponderEliminar
  5. Anónimo16.12.10

    Pois se hai tempo que decidiches non equivocarte de inimigo, non sei por que estás día si e día tamén coa mesma leira contra o BNG, que é moi malo porque non che obedece, pobriño... Por certo, magnífico galego o teu, eh? Á altura da túa boa educación, si señor.

    ResponderEliminar
  6. Anónimo16.12.10

    A ver cando nos decatamos, caro Antón, que os "ataques" e "descualificacións" que ti ves contra determinadas persoas que eu non vou nomear son contra as ideas, discursos e alternativas (ogallá fosen tales!) que os teus amigos formulan (digo o dos teus amigos porque es ti quen como tales os sinala). A ver cando nos decatamos de que as persoas somos (inclúome de primeira) insignificantes (ao tempo que imprescindíbeis)cando do que se debate é de cuestións moi colectivas. Que alguén coma min, que nada sabe de politoloxía, teña que cho recordar deste xeito é triste abondo.

    Cordiais cumprimentos

    P.S.: Que unha persoa nada en Xove coloque mal os pronomes é abondo significativo do necesaria que é unha profunda regaleguización de todo (a comezar pola casa común).

    ResponderEliminar
  7. paco rodríguez16.12.10

    coño, seis comentarios e todos anónimos. Losada polo menos firma.

    ResponderEliminar
  8. Anónimo16.12.10

    E o que protesta polos anónimos xa non é nin anónimo, suplanta outra identidade...

    ResponderEliminar