1/4/12

Caderno de bitácora. Data estelar 2012.4.1

Arden a Fragas del Eume. Arde o Xurés. E o problema xa non é o que se queimou, ou a falla de transparencia na información oficial, ou os problemas de coordinación á hora de apagar o lume. O problema é toda a desgracia que pode pasar niste ano de sequía e vento que padecemos se non se atende con medidas excepcionais a unha situación de emerxencia excepcional.

A propaganda da austeridade e dos recortes xa está amortizada. Xa non renda mais. Nos lumes desta fin de semana empezamos a ver as consecuencias da seca. Pero tamen a impotencia dunha Xunta anémica e adelgazada ate a extenuación. Sen políticas de prevención, co monte ainda mais descuidado do que o estaba outros anos e co dispositivo antiincedios a medio montar, o raro é que non ardera ainda máis.

As cousas van mal e poden ir a peor. Hai que pór recursos extraordinarios para políticas extraordinarias de prevención, limpeza, vixiancia e extinción se queremos evitar que este ano arda Galicia e tamen queime. A outra opción é seguir falando do Bipartito, dos incendiarios, da manguerita de Feijóo e esperando a ver se chove.

5 comentarios:

  1. Esa parte de "esperar a ver se chove" é a súa especialidade. Por algunha malfadada razón, sempre lles serve.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo1.4.12

    Comparto a tua opinión, na que estou a o 100% da cordo, non é que eu non a teña, e a bondo, opinión que xa estiven dende onte transmitiendo a miña indignación.
    Sempre estamos a falar de outros Parques, "mais importantes que os nosos", sen ir mais lonxe: DOÑANA.....e sin querer comparar, penso que nos aparta da concienza que temos de ter do noso, calquera de eles, pra ter o respeto e a protección que merecen, e valorarlos, pra que as políticas sexan mais realistas e ter o obxetivo de que as cuadrillas non poden estar no paro durante un inverno-primavera tan seco.
    E como ti dis, sempre con a misma "cantinela" os recortes, ¡¡por favor, xa está ben!!!, que o que se está a quemar é a nosa CATEDRAL Natural, ÚNICA!!!!. Non ten conciencia, e dificil que a teñan, vendo, sobre todo, como está a transcurrir todo.
    Maribel

    ResponderEliminar
  3. Belem Penha2.4.12

    "No tiene sentido desde el punto de vista económico y ambiental limpiar los montes para evitar incendios"(18-7-11) Samuel Juárez, exconselleiro de Medio Rural, actual Delegado del Gobierno.

    ResponderEliminar
  4. Anónimo2.4.12

    Desde hace mas de 25 años la mayor parte del presupuesto anual para el plan de prevención de incendios se va a la extinción, mientras siga así habrá incendios ya que el mayor interés económico está en apagarlos.
    Hasta en tanto no se cree un cuerpo profesional de bomberos forestales y se cambie la línea de los presupuestos hacia la prevención, seguirá ardiendo Gaslicia mientras no llueva.

    ResponderEliminar
  5. Concordo cento por cento coas túas palabras. E aínda engadiría máis, pois a vaga de lumes un e outro ano faime pensar se non teremos un xen esquizofrénico ou algo así, que nos faga perseguir a nosa propia autodestrucción.
    Convertimos aos incendios -e non ao aproveitamento do monte- nun sector económico e, como ben di o comentario anterior, mentres os incendios sigan dando de comer -ao contrario dos montes ben coidados- tarde solvetaremos o asunto.
    Por outra parte, non esquezamos que os distintos governos das 2 últimas décadas (agás a excepción parcial da lexislatura de Suárez Canal) sempre fuxiron de dar as cifras reais de superficie queimada, rexeitando a idea de xenerar a alarma social que a destrucción do medio natural -como principal recurso ambiental e potencialmente económico- tería que provocar no país.
    Outro asunto pendente é o tratamento xudicial dos pirómanos, que seguen causando o terror, asasinando vidas e destruíndo o futuro dun pobo cuase sen pasar pola cadea, nin siquer por un interrogatorio eficaz.

    ResponderEliminar