Porque é unha gran película perfectamente narrada, cun guión eficaz e soportada por novos e xenuinos actores. Unha película que, de contar co apoio preciso e necesario, poderia significar o mesmo que Pa Negre para o cinema catalán.
Porque Galicia e as montañas de Lugo nunca luciron tan espectaculares nunha pantalla de cine.
Porque recupera con humor, ironía e cariño aquela Galicia de finais do setenta, cando acaba de morrer Franco e todo parecía posible.
Se a van ver, tamén sentirán que parte das imaxes e momentos da película poderían perfectamente ser momentos e imaxes da parte mais agradecida da memoria propia.
Yo tengo muchas ganas de verla la verdad :)
ResponderEliminarPara la semana llega aqui y ya podre disfrutar de ella! :)