18/2/09

disque 18/2/09

O ruído do debate Disque O Noso PT non acudirá ao debate sen o candidato popular. Unha decisión inexplicable cando quedan dous e entende que o debate é un dereito dos cidadáns. Disque Benigno Sánchez, o baranda da CRTVG, lle comunicou á Xunta Electoral que faltan as condicións para o debate. Outra decisión incomprensible cando o seu era estar calado. A non ser que prepare unha suspensión acorde cos desexos do candidato socialista, o que sería un escándalo inadmisible. Disque O Noso Alberto mandou outra carta con outro quilo de condicións. Xa parece un deses chantaxistas de telecomedia subindo o prezo cada cinco minutos. Demasiado ruído para tan pouco argumento. O final vai parecer culpa de todos. Polo menos Quintana segue onde estaba: irá e punto, e que se explique quen non vaia.

2 comentarios:

  1. Anónimo19.2.09

    Pois se o vicepresidente quere ir, que aproveiten o hoco televisivo para el só. E logo? O presidente (ou Presidente [sic]) non quere debatir con Quin? Non teñen nada que debatir? Pois, moitos galegos e galegas pensamos que si teñen cousas que debatir coma as promesas incumpridas, xa que as que van a prometer xa sabemos, de facto, que moitas non has cumprirán.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo19.2.09

    E a primeira podería ser a suposta televisión de noso (ou de Piñeiro, mellor dito) e por qué aínda está ise director xeral ao frente...

    ResponderEliminar