Punto e final
Disque Benigno Sánchez, o director xeral da CRTVG, decidiu sucumbir á estratexia da confusión do Noso Alberto e mandoulle un ultimato que só serve para facilitarlle a negativa a acudir ao debate. Disque o PP pide un aprazamento até que respondan os bipartitos. Disque O Noso Alberto aceptara un encontro a tres na COPE, que agora quere reconverter en cara a cara para salvar a incongruencia de dicirlle que si a un e non a outro. Se non fora porque semella que nos toma por parvos, daría risa maquinación tan burda. Este esperpento debe rematar aquí e agora. Quintana xa dixo que iría sen condicións. É hora de que O Noso PT clarifique a súa postura e confirme a asistencia tamén sen condicións. E quen non compareza, que llelo explique aos galegos, que por rotunda maioría esixen ese debate. Débennolo os tres.
Antón, veña... agora que estamos na intimidade... conta o que che fixeron na TVG.
ResponderEliminar