3/2/09

hai debate

Paseino ben no Hai Debate de onte. Coma sempre. A diferencia de outros programas aos que acudo en Madrid, neste o obxectivo non é a confrontación frontal, ao estilo Mihura. Non te espera alguén coa escopeta cargada. Vamos máis ao noso: á tertulia e á conversa apacible dende a diferencia, mais ao estilo da nosa marela e a nosa pinta. No "backstage", tiven ocasión de escoitar falar de preto a fichaxe estrela do Partido Popular de Galicia, Pedro Arias. Como bo excomunista, falou principalmente con dous excompañeiros: Geluco e Manolo Lago e amosouse convencido do triunfo Popular, mesmo incitou unha aposta que non tivo moito éxito. Por un momento foi coma viaxar no tempo: recordoume tanto ao meu alter ego favorito en 59 segundos, Nacho Villa, a mesma incontinencia, a mesma intemperancia, o mesmo exceso. So faltaba Mamen Mendizabal, compañeira de fatigas tantos anos con Iñaki e hoxe a principal razón para ver os informativos da Sexta. Por certo, a mesa de actualidade tivo unha audencia do 19%. para que logo digan que á xente non lle interesa á política

2 comentarios:

  1. O principal problema da xente que muda tanto e tan extremamente de bando é que xa non sabes a que momento da súa vida facer caso. Ao mellor os do PP que o sigan agora afervoadamente sorpréndese dentro de cinco anos véndoo sabe deus onde. Ou mesmo en menos de catro anos, quen sabe.

    Parabéns polo blog. Xa ocupas todos os espazos de comunicación posíbeis ;)

    ResponderEliminar
  2. Anónimo3.2.09

    E falando "xente que muda tanto e tan extremadamente", que me decides da relación Xosé Lois Barreir e Anxo Quintana? Quen creedes que mudou máis para que estes dous se "entendan"?

    ResponderEliminar