Xa eliximos
Disque os galegos votaron e elixiron o que quixeron: poñerlle fin ao experimento bipartito e que volvan as cousas ao rego dos populares. O Noso Alberto obtén un triunfo espectacular e meritorio polo seu alcance, unicamente escurecido pola sucia campaña de denigración dos seus adversarios á que ou non soubo ou non puido poñerlle fin como era debido. O Noso PT puido comprobar nas súas carnes como o liderado e o carisma son un misterio tan inescrutable como o da Santísima Trindade. Quixo substituír a Fraga e os votantes substituírono a el. Anxo Quintana acabou pagando caras as consecuencias dunha campaña onde lle tocaron os ataques máis severos, pero na que a súa organización algo debeu de aprender do mal feito para afrontar os cambios que leva demasiado tempo aprazando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario