20/4/09

disque 20/4/09 Galicia Hoxe

Goberno á medida Disque O Noso Alberto xa ten equipa e ao seu gusto. O mellor é que cumpre a promesa de reducir a dez as consellerías. O menos bo é que do rebaralle resulta un executivo con certa desproporción entre carteiras, algunha inspirada en ideas xa vellas como volver separar economía e facenda. Disque domina o perfil técnico sobre o político. Algo que garante que polo menos se rompen algo, o fagan de xeito moi profesional. Un goberno de xestores que para falar de política aplicará a estratexia de comunicación dos Populares dende a campaña e que tan ben lles vai: hai un poli bo, que é O Noso Alberto, é un poli malo que é Alfonso Rueda.

3 comentarios:

  1. Anónimo20.4.09

    Rueda non é malo, é malísimo, verda mini yo?

    ResponderEliminar
  2. Bueno ademáis empregaran esa táctica que dominan a perfeccion de facer oposición da oposición e criminalizar o adversario.

    ResponderEliminar